Título node Learning object

Intercambio xuvenil a Sicilia, Italia. A Xuventude no mundo edición 2017
Xov, 30/03/2017 - 10:29
Logo

Descrición

No marco do programa A Xuventude no mundo, a Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca un intercambio a Sicilia-Italia, enmarcado dentro das relacións bilaterais que mantén con distintas entidades noutros países.

Obxectivo

Facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais, medioambientais e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e medioambiental, e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal.

Datos de interese

Datas de realización do intercambio: do 27 de abril ao 4 de maio de 2017.

Prazas: 10 ( acompañados/as dunha persoa coordinadora).

Lugar de realización do intercambio: no termo dos 13 municipios do Consorcio Intercomunale de Valli Joniche da provincia de Mesina.

Participantes

Mocidade galega residente en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio e que non participara nos tres últimos anos de A Xuventude no Mundo.

Prazo de inscrición

Do 29 de marzo ao 5 de abril de 2017, mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.

Admisión

Será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación da praza o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.

Cobertura do intercambio

  • Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
  • Trasporte no ámbito do intercambio
  • Actividades organizadas pola entidade de acollida:
    • Coñecemento da entidade de acollida (Consorcio de 13 concellos do Val Joniche).
    • Workshops diversos sobre medio ambiente.
    • Percorrido cultural polos principais monumentos dos concellos de Pagliara , Mandanici, Itala,Ali,Terme,Scaletta Zanclea, Nizza de Sicilia, Rocalumera, Visita as cidades de Taormina , Giardini Naxos e Castelmola.
    • Tour polo volcán Etna.
    • Conferencia sobre aforro de enerxía.
    • Visita a unha Fiandeira.
    • Cea internacional siciliana- galega/española e italiana,

Será a cargo da persoa participante:

  • Os gastos de desprazamento dende Galicia ata o lugar do intercambio.
  • A obtención da Tarxeta Sanitaria Europea ou seguro médico que dea cobertura equivalente durante a duración do intercambio.

Recomendación de aeroporto máis próximo: Aeroporto de Catania. Fontanarosa.

Inscrición

http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=254#forsux

Máis información

galeuropa@xunta.gal