Título node Learning object
Prazo
Ata o 12 de abril de 2017.
Obxecto
Empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, xa que representan o cambio e o futuro, sobre a importancia de gozar de relacións afectivo-sexuais e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero para acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria.
Participantes
Poderán participar todas as persoas físicas, con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
Temática
Os traballos presentados versarán sobre:
- Diferenzas entre sexo e xénero
- Roles de xénero. Masculinidade e feminidade
- Estereotipos de xénero nas relacións afectivas e de noivado
- Mitos do amor romántico
- Compoñentes dunha relación sa e en igualdade. Autoestima
- Relación de parella igualitaria
- Emocións e sentimentos nas relacións
- Diversidade afectivo-sexual e de xénero
- Orientacións sexuais: heterosexualidade, homosexualidade, bisexualidade, asexualidade, pansexualidade, demisexualidade, etc.
- Identidades de xénero; no binarias, cisxénero, transxénero, terceiro xénero, etc.
- Identidade sexual
Os textos empregados deberán respectar os principios da lexislación vixente en políticas de igualdade de xénero e de prevención da violencia de xénero.
Requisitos
- A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4.
- A obra presentarase en soporte físico de papel.
- O idioma empregado será o galego.
Premios
- CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos)
Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics
- CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos)
Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics
A concesión do premio darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación.
A entrega de premios celebrarase nas dependencias da Deputación e avisaranse as persoas gañadoras cunha semana de antelación.