Os centros educativos lucenses desenvolverán 105 iniciativas diferentes ao abeiro dos contratos-programa

O número de centros participantes increméntase nun 13%

Ven, 10/03/2017 - 13:43
Os centros educativos lucenses desenvolverán 105 iniciativas diferentes ao abeiro dos contratos-programa

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, formalizou hoxe cunha sinatura simbólica os contratos-programa que desenvolverán un total de 52 centros públicos da provincia de Lugo,  un 13% máis ca no curso anterior, que desenvolverán un total de 105 iniciativas diferentes.

O titular do departamento de ensino da Xunta de Galicia quixo agradecer a docentes, equipos directivos e comunidade educativa pontevedresa a súa implicación nesta iniciativa, que constitúe unha das principais liñas de actuación do seu departamento para combater o abandono temperá e en prol da excelencia educativa. Neste sentido lembrou que a Consellería vai reforzar o papel docente coa contratación de 14 profesores de apoio, que se centrarán, fundamentalmente, no desenvolvemento da liña 1 da iniciativa, a relativa a reforzo, orientación e apoio, herdeira do antigo Plan PROA.

Román Rodríguez quixo facer fincapé tamén no logro que para o conxunto do sistema educativo galego supón o feito de que, a través de iniciativas como os contratos-programa, se teña reducido ata niveis históricos na Comunidade a taxa de abandono temperá, que foi en 2016 dunha media do 15,2%, o que supón unha forte baixada desta taxa desde o ano 2009, que foi dunha media do 25,8%, e 3,8 puntos menos que a media de España, que finalmente acadou o 19% no 2016.

No acto participaron tamén o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación educativa e Formación do profesorado, Manuel Vila; e a xefa territorial da Consellería na provincia, María Carmen Gueimunde, entre outras autoridades.

Máis de 100 iniciativas

Os 52 centros de ensino públicos da provincia da Coruña que este ano participan na iniciativa desenvolverán un total de 105 iniciativas diferentes nas 6 liñas diferentes de actuación que compoñen a convocatoria: Acompañamento escolar fóra do horario lectivo, Mellora das competencias clave, Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros, Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar, Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia e Mellora da calidade na xestión dos centros.

A liña de actuación máis solicitada continúa a ser a número 1 (antigo programa PROA), para o reforzo, orientación e apoio do alumnado que presente dificultades de aprendizaxe, así como daquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural. Un total de 38 centros docentes desenvolverán esta primeira liña, para o que contarán cun total de 13 docentes de apoio contratados a maiores pola Consellería para tal fin. A liña número 2, a referida á mellora das competencias clave, será desenvolvida por 32 centros de ensino.

No caso da liña 3, que se centra na mellora da convivencia e na promoción da igualdade, contará coa participación de 18 centros; e na liña 4, dirixida á prevención do abandono escolar temperán e do absentismo escolar, participará 1 centro.

Nas liñas 5 e 6, dirixidas á mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia e á mellora da calidade na xestión dos centros, participarán 14 e 2 centros educativos públicos, respectivamente.

Os centros participantes na provincia son os seguintes:

CENTRO

CONCELLO

1

2A

2B

2C

3

4

5

6

CEIP Santa María

A Fonsagrada

X

X

X

 

 

 

 

 

IES Plurilingüe Fontem Albei

A Fonsagrada

 

 

 

 

X

 

 

 

CEIP O Salvador

A Pastoriza

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP Plurilingüe da Pontenova

A Pontenova

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP Aquilino Iglesia Albariño

Abadín

X

 

 

 

 

 

 

 

CPI Luís Díaz Moreno

Baralla

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP San Miguel de Reinante Barreiros

Barreiros

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP Virxe do Carme

Burela

X

 

 

 

 

 

 

 

IES Monte Castelo

Burela

 

 

 

 

 

 

X

 

IES Perdouro

Burela

 

X

 

X

X

 

X

 

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

Castro de Rei

 

 

 

 

X

 

 

 

CPI de Castroverde

Castroverde

X

X

X

X

X

 

X

 

IES Lama das Quendas

Chantada

X

 

 

 

 

 

 

 

IES Val do Asma

Chantada

X

X

 

X

X

 

X

 

CEIP O Cantel

Foz

X

 

 

 

 

 

 

 

IES de Foz

Foz

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga

Guitiriz

 

X

X

X

 

 

 

 

IES Poeta Díaz Castro

Guitiriz

 

X

X

X

 

 

X

 

CEIP Plurilingüe de Lousada

Guntín

X

 

 

 

X

 

X

 

CPI Tino Grandío

Guntín

X

X

X

 

X

 

X

 

CPI Ramón Piñeiro

Láncara

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP Juan Rey

Lourenzá

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP As Gándaras

Lugo

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP Benigno Quiroga Ballesteros

Lugo

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP das Mercedes

Lugo

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP de Casas

Lugo

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP Paradai

Lugo

 

X

X

 

X

 

 

 

IES Ánxel Fole

Lugo

X

 

 

 

 

 

 

 

IES Muralla Romana

Lugo

X

 

 

 

X

 

 

 

IES Sanxillao

Lugo

X

 

 

 

 

 

 

 

IES Pedregal de Irimia

Meira

 

X

X

 

 

 

 

 

IES Plurilingüe San Rosendo

Mondoñedo

 

X

X

X

X

 

 

 

CEIP de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP Plurilingüe A Gándara

Monforte de Lemos

X

 

 

 

 

 

 

 

IES A Pinguela

Monforte de Lemos

X

X

X

X

X

X

X

X

IES Francisco Daviña Rey

Monforte de Lemos

 

 

 

 

 

 

 

X

IES Río Cabe

Monforte de Lemos

X

 

 

 

X

 

X

 

CEIP Plurilingüe de Monterroso

Monterroso

X

 

 

 

 

 

 

 

IES de Monterroso

Monterroso

X

 

 

 

X

 

X

 

CPI Plurilingüe de Navia de Suarna

Navia de Suarna

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP de Quiroga

Quiroga

X

 

 

 

 

 

 

 

IES de Quiroga

Quiroga

 

X

X

 

 

 

 

 

IES Río Miño

Rábade

X

 

 

 

 

 

 

 

CEIP Gregorio Sanz

Ribadeo

X

 

 

 

 

 

 

 

IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Ribadeo

X

 

 

 

X

 

X

 

CEIP de Samos

Samos

X

 

 

 

 

 

X

 

IES Gregorio Fernández

Sarria

X

 

 

 

 

 

 

 

IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

Sarria

X

 

 

 

X

 

 

 

CEIP Eduardo Cela Vila

Triacastela

 

 

 

 

 

 

X

 

CEIP Antonio Insua Bermúdez

Vilalba

X

 

 

 

X

 

X

 

CEIP Antonio Pedrosa Latas

Viveiro

 

 

 

 

X

 

 

 

CEP Luís Tobío

Viveiro

 

X

X

X

X

 

 

 

52

52

38

13

11

8

18

1

14

2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

* 1. PROA (Acompañamento escolar fóra do horario lectivo)

2a. Mellora das competencias clave. Competencia matemática

2b. Mellora das competencias clave. Competencia en comunicación lingüística

2c. Mellora das competencias clave. Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros

4. Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar

5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia

6. Mellora da calidade na xestión dos centros

 

Os contratos-programa procuran unha mellora da calidade do ensino para reducir a porcentaxe de alumnado con baixo rendemento. Para iso, cada centro docente analiza as súas eivas e fortalezas e propón á Administración educativa a sinatura dun documento, ‘o contrato-programa’, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado. Deste xeito, a actuación funciona como un exercicio de autonomía dos centros, posibilitando que deseñen os seus propios plans de mellora en base ás súas necesidades particulares.

Polo tanto, a iniciativa permite visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento, tanto do centro como da Administración educativa, para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.