Resolución da convocatoria do concurso da exposición do Día das Letras Galegas 2017
Xov, 02/03/2017 - 11:12
A Secretaría Xeral de Política Lingüística resolveu a convocatoria do concurso para a elaboración da exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2017, Carlos Casares Mouriño.
O traballo gañador do concurso na categoría A (educación infantil e primaria) foi o elaborado polo CEIP Plurilingüe Anxo da Garda da Coruña.
O traballo gañador na categoría B (ESO, bacharelato, FP e restantes centros de ensinanzas especiais) foi o elaborado polo IES Carlos Casares de Vigo.