Título node Learning object

II Concurso de Ilustración Campaña de Erradicación da Violencia contra a Muller: Matrimonios Forzados
Mér, 01/03/2017 - 09:33
Logo

Destinatarios/as e requisitos

Poderán participar artistas de calquera nacionalidade que poida demostrar a súa residencia en territorio nacional, con obras orixinais e que non fosen premiadas en ningún outro concurso. Poderán presentala a título individual ou en grupo. Se fosen menores de idade, deberán achegar autorización expresa dos seus pais ou titores legais.

Cada autor/a ou grupo poderá presentar un máximo de 5 ilustracións.

A temática da ilustración será os matrimonios forzados.

Prazo

Para a recepción das obras será o día 1 de marzo ás 00:00 horas ao 14 de abril de 2017 ás 23:59 horas.

Premios

As obras seleccionadas exhibiranse na web da entidade; tamén se realizarán exposicións itinerantes delas por diversas provincias do territorio nacional, e poderán ser utilizadas en campañas de sensibilización, folletos, carteis, xornadas, proxeccións, e/ou futuras actualizacións de campañas da entidade organizadora.

Outorgaranse os seguintes premios:

  • 1º Premio: Tableta de luz LED para calcar e Tableta Gráfica, ou similar (valorados en 150 euros) e cadro da Ilustración enmarcada con mención do 1º Premio Concurso de Ilustración Campaña de Erradicación da Violencia contra a Muller: Matrimonios forzados;
  • 2º Premio: Tableta Gráfica, ou similar (valorado en 80 euros) e cadro da Ilustración enmarcada con mención 2º Premio Concurso de Ilustración Campaña de Erradicación da Violencia contra a Muller: Matrimonios forzados;
  • 3º Premio: Tableta Gráfica, ou similar (valorada en 80 euros) e cadro da Ilustración enmarcada con mención 3º Premio Concurso de Ilustración Campaña de Erradicación da Violencia contra a Muller: Matrimonios forzados.

Poderanse outorgar tantos accésits como o Xurado considere, recibindo todos eles un cadro da ilustración enmarcado con mención ao accésit recibido.