Título node Learning object
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, con motivo da convocatoria de Programas Europeos Erasmus + 2017 organiza un obradoiro sobre proxectos KA2 – asociacións estratéxicas- para os centros dos sectores Escolar (centros de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato) e Adultos (EPAS, EE.OO.II. e outros relacionados coa educación de adultos).
Ten como finalidade informar e asesorar para a redacción dun proxecto europeo KA2 de asociacións estratéxicas.
Terá lugar o vindeiro 20 de febreiro en Santiago de Compostela e na súa inscrición darase prioridade a aqueles centros que non tiveran participado en proxectos europeos nos últimos tres anos en que se puxo en marcha o programa marco Erasmus + e desexen solicitar un proxecto KA2 na presente convocatoria 2017.
Esta información, xunto coa folla de inscrición, foi remitida a todos os centros educativos destes sectores.
Lémbrase que a convocatoria Erasmus + 2017 publicouse o vinte de outubro de 2016 no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE).
Recolle os seguintes prazos para proxectos relativos á educación e formación:
- Acción KA1, de mobilidade: 2 de febreiro 2017 (12.00 horas)
- Acción KA2, de asociacións estratéxicas: 29 de marzo 2017 (12.00 horas).
O SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación) publica na súa páxina web www.sepie.es os formularios de solicitude e formularios comentados, como documentación de apoio ao solicitante, das accións KA2 do Programa Erasmus+, para a mobilidade para a convocatoria 2017. Están dispoñibles nos seguintes ligazóns: