Título node Learning object

Proxecto StarT de ensino colaborativo
Mar, 24/01/2017 - 09:55
Logo Start

Que é

StarT está dirixido a centros docentes, familias e grupos de actividades extraescolares, co fin de que compartan as súas experiencias e o seu entusiasmo por unha aprendizaxe colaborativa.

Combínase aprendizaxe baseada en proxectos con outros enfoques implantados en Finlandia, como o denominado "phenomenon-based learning" (PBL), un método que utiliza escenarios e situacións reais do mundo dos estudantes. Ademais, faise uso da tecnoloxía e desenvólvese en contornas de aprendizaxe fóra das aulas.

Convoca

O centro finlandés LUMA (http://www.luma.fi/en).

Obxectivo

Implementar unha nova forma de pensar e traballar no mundo STEM, facendo fincapé na aprendizaxe a través de proxectos e nunha colaboración activa por parte dos integrantes da comunidade educativa.

Prazo

Ata o 31 de xaneiro de 2017.

Requisitos

O único requisito é traballar nalgún dos seguintes temas principais:

  • As Matemáticas do día a día
  • Natureza e medio ambiente
  • Programación e medio ambiente
  • As estrelas e o espazo
  • Isto funciona: xoguetes móbiles (só para idades de entre 6 - 12 anos)
  • A tecnoloxía ao noso ao redor
  • Benestar (saúde, alimentación, exercicio, etc.)