Título node Learning object

Xornadas "Educación emocional: un reto"
Ven, 20/01/2017 - 13:06
Logo da Asociación Galega de Promoción da Educación Permanente

Data: Desde sábado, 11 de febreiro de 2017 ata sábado, 4 de marzo de 2017
Lugar: Vigo (Pontevedra)

Anllar, Asociación Galega de Promoción da Formación Permanente, organiza en Vigo as súas XIII Xornadas baixo o lema "Educación emocional: un reto" destinadas a docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

A través de conferencias e obradoiros preténdese acadar os seguintes obxectivos:

  • Aprender a xestionar as emocións e descubrir ferramentas para afrontalas de maneira positiva.
  • Mellorar o clima da aula e o benestar do alumnado e do profesorado a través do desenvolvemento de habilidades emocionais.

As datas de celebración serán os días 11 e 18 de febreiro e 4 de marzo de 2017. A actividade está homologada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con 15 horas de formación.