Título node Learning object
Período de inscrición
Do 19/12/2016 ao 24/02/2017
Información
O lema nesta edición é "O mundo que queres", co que se convida ao alumnado de educación secundaria e de bacharelato a escribir historias que nos fagan reflexionar e cuestionarnos que podemos cambiar para mellorar as nosas sociedades e conseguir que todas as persoas, en especial as máis necesitadas, poidan exercer os seus dereitos.
As obras terán que ser inéditas. Non é necesario que o título do conto mencione o tema do premio. Extensión: os relatos non deberán exceder os 8 folios a espazo simple en letra Times New Roman 12.
Obxectivo
Sensibilizar ás xeracións máis novas sobre a necesidade dunha sociedade plural, respectuosa co medioambiente, aberta aos valores e que recoñeza a igual dignidade das persoas.
Convoca
Fundación Mainel.
Destinatarios/as
Estudantes de Educación Secundaria e de Bacharelato do ámbito nacional.
Dotación
Establécense tres seccións: Bacharelato, 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de ESO.
En cada unha delas outorgaranse os seguintes premios:
- Primeiro premio, consistente nunha tableta, diploma e lote de libros.
- Segundo premio: eBook, diploma e lote de libros.
- Terceiro premio: diploma e lote de libros.
Entregarase un lote de libros aos colexios e institutos dos participantes galardoados.