Título node Learning object

EmprendeEduca. Bases da convocatoria 2016/17
Xov, 22/12/2016 - 12:40
Logo Emprendeeduca

Convocan

Factoría Cultural, Viveiro de Industrias Creativas de Matadoiro Madrid, Universidade Autónoma de Madrid e Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE).

Bases e inscrición

Para conseguir as bases, pica aquí.

Obxectivo

Apoiar o desenvolvemento de proxectos innovadores dentro do ámbito da educación enfocado a cinco grandes focos de innovación dentro deste sector:

  • Deseño, desenvolvemento e avaliación de competencias profesionais e resultados de aprendizaxe.
  • Impacto do deseño de contornas e espazos educativos na aprendizaxe.
  • Educación como axente vertebrador da aprendizaxe de valores sociais.
  • Novas tecnoloxías aplicadas á educación.
  • Desenvolvemento de competencias lectoras.

Dotación

De entre todos os proxectos que se presenten, o xurado, composto por representantes das institucións colaboradoras e Factoría Cultural, elixirá 7 proxectos que recibirán unha bolsa de Factoría Cultural do 60% do custo total da cota mensual.

Destinatarios/as

Calquera emprendedor/a maior de 18 anos, de calquera nacionalidade, que desexe desenvolver o seu proxecto de innovación dentro do sector da educación nunha contorna estimulante, interdisciplinar e experimental, e que fomente a aprendizaxe personalizada, o intercambio e o networking con outros emprendedores das industrias creativas. Para poder presentar un proxecto vinculado á innovación no desenvolvemento de competencias lectoras, é necesario que o solicitante sexa un docente do sistema educativo regrado:

  • Educación preescolar e educación infantil.
  • Educación primaria.
  • Educación secundaria obrigatoria.
  • Bacharelato.
  • Formación Profesional.
  • Formación Universitaria (con títulos universitarios oficiais).
  • Ensinos de réxime especial: artísticas e idiomas.

Datas de convocatoria

A convocatoria está aberta do 19 de decembro de 2016 ao 23 de xaneiro de 2017 ás 12.00h.

A selección dos proxectos realizarase entre os días 24 e 25 de xaneiro de 2017.

Os resultados da selección de proxectos comunicaranse do 26 ao 31 de xaneiro de 2017.

Duración

O programa de residencia ten unha duración de 6 meses desde o 1 de febreiro ata o 31 de xullo de 2017.