Título node Learning object
Convocatoria proxecto piloto sobre o uso das novas tecnoloxías e ferramentas dixitais na educación
Ven, 28/10/2016 - 11:30
A Comisión Europea publica esta convocatoria para elaborar un proxecto piloto sobre o uso das novas tecnoloxías e ferramentas dixitais na educación, para alumnado con déficit de atención ou hiperactividade.
O obxectivo é identificar boas prácticas existentes que ofrezan solucións dixitais de aprendizaxe na aula a profesorado con alumnado coa mencionada característica.
Poden participar institucións públicas ou privadas, consorcios ou entidades sen personalidade xurídica.
A convocatoria está aberta ata as 17:00 h CET horas, do 14 de novembro de 2016.
Toda a información atópase na ligazón.