Título node Learning object
Esta iniciativa está promovida pola Fundación Barrié, co fin de estimular e recoñecer a tarefa do profesorado, os centros e outros axentes do contorno educativo de Galicia. Para isto, apoiarán a realización de proxectos educativos innovadores coas áreas de actividade da Fundación Barrié: Educación, Ciencia, Patrimonio e Cultura e Acción Social.
As propostas deberán axustarse aos currículos vixentes das ensinanzas non universitarias e pódense presentar segundo as seguintes modalidades:
- Modalidade 1: Proxecto Centro
- Modalidade 2: Proxecto Intercentros
- Modalidade 3: Proxecto Colaborativo
Cada un dos proxectos seleccionados contará cunha dotación económica para a súa realización.
Prazo de presentación de proxectos: ata o 6 de outubro de 2016
Para a información desta convocatoria máis detallada, consultar a ligazón aportada.