Avanza a implantación das materias de libre configuración autonómica propostas pola Xunta

Sáb, 17/09/2016 - 11:00

As materias de libre configuración propostas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria seguen incrementando a súa presenza no ensino galego neste curso 2016/17, ao abeiro da implantación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).

Novidades

Este ano ofertouse por primeira vez para 1º e 2º de ESO a materia de Igualdade de Xénero, que imparten 27 centros. En 1º de ESO é novidade Obradoiro musical, que se desenvolverá en 37 centros.

No caso do Bacharelato son novidade, todas en 2º curso desta etapa, Literatura galega do século XX e da actualidade (105 centros), Ética e filosofía do dereito (121 centros), Filosofía da ciencia e da tecnoloxía (96 centros), Métodos estatísticos e numéricos (170 centros), Electrotecnia (48 centros), Xeografía e historia de Galicia (115 centros) e Patrimonio artístico e cultural de Galicia (55 centros).

Segundo ano

Cómpre lembrar que no curso 2015/16 xa se implantaron parte destas materias. Este é o caso, en 1º e 2º de ESO, de Programación, Oratoria, Educación financieira, Paisaxe e sustentabilidade en Galicia, Xadrez, Investigación e tratamento de información e Promoción de estilos de vida saudables. Os datos son

Materia

Centros que a ofertaron curso 15/16

Centros que a ofertaron curso 16/17

Programación

50

132

Oratoria

80

179

Educación financieira

11

69

Paisaxe e sustentabilidade en Galicia

21

101

Xadrez

36

84

Investigación e tratamento da información

71

158

Promoción de estilos de vida saudables

65

188

No caso do Bacharelato, o ano pasado ofertáronse xa en primeiro curso Robótica, Antropoloxía e Literaturas hispánicas. Os datos deste curso e do pasado son os seguintes:

Materia

Centros que a ofertaron curso 15/16

Centros que a ofertaron curso 16/17

Robótica

26

92

Antropoloxía

74

137

Literaturas hispánicas

14

110

Cómpre lembrar que, a maiores destas materias, cada centro puido ofertar as súas propias materias para completar o horario lectivo, tanto en Primaria como na ESO e Bacharelato. O obxectivo é ofrecer aos centros de ensino unha maior autonomía á hora de axeitar a súa oferta educativa ás necesidades de reforzo de materias que perciben no seu alumnado.