Título node Learning object

Curso de formación "Abrazar la diversidad"
Ven, 16/09/2016 - 15:08
Publicación

O "Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades" convoca un seminario de formación gratuíto sobre diversidade sexual, familiar e de identidade de xénero en contextos educativos, baseado na guía “Abrazar la diversidad: propuestas para una educación libre de acoso homofóbico y transfóbico” (Ligazón ao documento).

Duración: 10 horas
Horario: venres de 16.30 a 20.30 e sábados de 10:00 a 18:30
Destinatarios: docentes, membros de equipos directivos e de orientación, asesoras/es de centros de formación do profesorado e outras administracións educativas e responsables da administración educativa
Certificación: están certificadas polo Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Financiamento: Fondo Social Europeo.

Para facilitar o acceso a esta formación, celebraranse tres edicións:

VALLADOLID
Venres 23 e sábado 24 de setembro
Universidad de Valladolid
Data límite para a inscrición: luns 12 de setembro

ALICANTE
Venres 14 e sábado 15 de outubro
MACA, Museo de Arte Contemporáneo
Data límite para a inscrición: martes 27 de setembro

CÁCERES
Venres 4 e sábado 5 de noviembre
Universidad de Extremadura
Data límite para a inscrición: jueves 13 de outubro

Existen axudas de viaxe e/o aloxamento para persoas de fóra da provincia onde se realice a formación. Para formalizar a inscrición, cómpre picar nesta ligazón.

Para obter máis información ou consultar dúbidas, pódese escribir ao seguinte enderezo: diversidadyconvivencia@gmail.com