Título node Learning object
Convocatoria da 1ª Edición do Programa de Expertos Nacionais en Formación Profesional
Ven, 16/09/2016 - 13:46
O Programa desenvolverase a partir do 1 e o 16 de marzo do 2017 e a súa duración vai de 3 a 5 meses.
Os requisitos para participar son:
- Ser empregado público dunha Administración Pública nacional, autonómica ou local ou dunha organización intergovernamental antes ou durante o destacamento como ENFP.
- Non haberse beneficiado de calquera tipo de contrato, emprego ou prácticas das Institucións da Unión Europea.
- Pertencer a un grupo ou categoría profesional que requira estar en posesión dun título universitario.
- Coñecemento satisfactorio de inglés ou francés, na medida que permita o cumprimento das funcións en ditas linguas. Os candidatos/as terán en conta que o aproveitamento das prácticas está condicionado ao dominio destas linguas.
O número de prazas ofertadas é de 13 e a data para a presentación das solicitudes remata o 25 de setembro de 2016, incluído.
Os interesados remitirán, en formato electrónico e ao enderezo electrónico tramitacionend@ue.maec.es, a seguinte documentación:
- Application Form
- CV no formato Europass en español
- CV no formato Europass en inglés
- Carta de autorización do superior xerárquico competente
Esta convocatoria está publicada na páxina web da Representación Permanente:
Na seguinte ligazón web atópanse os formularios.