Título node Learning object

Seminario de formación “Abrazar a diversidade”
Ven, 16/09/2016 - 10:41
Cartel da actividade "Abrazar a diversidade"

O “Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades” convoca este seminario de formación gratuíto sobre diversidade sexual, familiar e de identidade de xénero en contextos educativos, baseados na guía “Abrazar a diversidade: propostas para unha educación libre de acoso homofóbico e transfóbico” (dispoñible en: http://goo.gl/B1Kgb8). 

O seminario ten una duración de 10 horas e está dirixido a docentes, membros de equipos directivos e de orientación, asesoras/es de centros de formación do profesorado e outras administracións educativas e responsables da administración educativa de todas as Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla. Estas xornadas formativas están certificadas polo Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE) do Ministerio de Educación Cultura e Deporte y financiadas polo Fondo Social Europeo.

Para facilitar o acceso a esta formación, celebraranse  varias edicións do seminario en localidades e datas distintas, sempre co mesmo horario (venres de 16.30 a 20.30 horas e sábados de 10:00 a 18:30 horas):

ALACANT

  • Venres 14 e sábado 15 de outubro
  • MACA, Museo de Arte Contemporáneo
  • Data límite para realizar a inscrición: martes 27 de setembro

CÁCERES

  • Venres 4 e sábado 5 de novembro
  • Universidade de Estremadura
  • Data límite para realizar a inscrición: xoves 13 de outubro

Existen axudas de viaxe e/ou aloxamento para persoas de fora da provincia onde se realice a formación.