Comisión de selección das prazas para persoal asesor. Puntuacións provisionais asignadas na primeira fase.
Ven, 15/07/2016 - 15:09
Publicación das puntuacións provisionais asignadas na primeira fase do concurso aos aspirantes presentados a convocatoria do concurso de méritos específicos para cubrir prazas de persoal asesor na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución de 23 de xuño de 2016, DOG do 29 de xuño).
O persoal aspirante poderá presentar as alegacións que estime convenientes contra a listaxe provisional, dirixidas a presidenta da comisión de selección, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte desta publicación, e ademais deberana presentar por fax (881 999241-981 545484-981 545420) ou por correo electrónico sxp@edu.xunta.es.