G1501108 Formación Inicial para Equipos Directivos 2016
Os días 12, 13 e 14 de xullo desenvolverase a actividade formativa G1501108 Formación Inicial para Equipos Directivos 2016, no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela. As persoas asistentes forman os equipos directivos de novo ingreso na función directiva, co nomeamento a día 1 de xullo e que non teñan ocupado estes postos con anterioridade.
Como complemento a esta formación, e só para os directores e directoras, no inicio do curso haberá unha formación na Rede (plataforma de teleformación do servizo de formación de profesorado: PLATEGA). Aquí, ademais de profundar e ampliar os contidos do curso, tamén se habilitarán unha serie de foros nos que persoal especializado resolverá as dúbidas que xurdan durante todo o curso escolar, creando así unha rede de interacción, axuda e apoio entre o colectivo.