Título node Learning object
Está prevista a publicación no Diario Oficial de Galicia o día 4 de xullo de 2016 a convocatoria de axuda de froitas nas escolas para o curso 2016/17.
O prazo para presentar a solicitude será de 1 MES contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG, polo que o prazo comezaría o día 5 de xullo de 2016 e remataría o día 4 de agosto de 2016.
A principal novidade na convocatoria deste curso é que os períodos de reparto da froita estarán comprendidos de decembro de 2016 e o 31 de maio de 2017.
Nota informativa complementaria: é imprescindible que a solicitude teña entrada nalgún dos medios regulados no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.