Título node Learning object
Concurso de debuxo e pintura relacionado coa astronomía
Ven, 17/06/2016 - 13:52
Co motivo da celebración do XXII Congreso Estatal de Astronomía que se celebrará o próximo mes de setembro en Pamplona, convócase este concurso de debuxo e pintura relacionado coa astronomía para nenos e nenas de entre 9 e 12 anos (nados/as entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2007) que vivan en España.
O prazo para enviar os debuxos finalizará o 21 de agosto de 2016.
Premiarase o mellor traballo presentado e poderán concederse accésits. O premio consistirá nun pen tablet para o gañador e un diploma (máis información sobre as bases na ligazón aportada).