Orde para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2016/2017, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados...
Xúntase a Orde do 2 de xuño de 2016 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2016/17, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia; aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a quen se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar; ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.
Prazo para cubrir a instancia na web
Para todo o profesorado desprazado e en expectativa de destino, profesorado en prácticas e pendente de nomeamento de funcionario de carreira, concelleiros, procedentes do estranxeiro, peticionarios de reingreso, interinas e interinos, substitutas e substitutos, o prazo será de vinte días naturais contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016, o prazo será de tres días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación na lista de aprobados polos tribunais.
Orde do 2 de xuño de 2016 (DOG)
Anexo: Códigos localidades e centros
Listaxe do profesorado interino e substituto
Destino provisional dos opositores do corpo de inspectores de educación
Adxudicación provisional
Resolución definitiva do destino provisional dos opositores do corpo de inspectores de educación
Resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais de secundaria
Instrucións para a toma de posesión
Resolución do 9 de setembro de 2016 (DOG)