A modificación do concerto do CPR Casa do Neno, que aínda é provisional, responde ás necesidades educativas desta zona de Santiago
A solicitude do centro foi analizada e informada de xeito positivo o pasado febreiro na reunión da Comisión provincial de Valoración, na que están representados os sindicatos, coñecedores do asunto desde hai meses
A Comisión Provincial de Valoración de Concertos Educativos, na súa reunión do pasado mes de febreiro, analizou e informou positivamente a solicitude de modificación do concerto educativo formulada polo CPR Casa do Neno, de Santiago. Nesta reunión da Comisión estaban presentes os representantes dos sindicatos, polo que son perfectamente coñecedores desta decisión.
O CPR Casa do Neno é un centro que ten concertada unidades de Infantil, e solicitou o concerto dunha unidade de primaria para o vindeiro curso 16-17. Trala análise da situación do centro e das características socioeconómicas do alumnado do mesmo, a Comisión de Valoración concluíu informar favorablemente a solicitude feita polo colexio. En todo caso trátase dun informe provisional, xa que a previsión de resolución definitiva deste concerto –ao igual que do resto dos concertos para o vindeiro curso- non se fará efectiva ata a súa publicación no DOG entre xuño e xullo.
Non obstante, e dado que é coñecedora da previsión do concerto, a Comisión de Escolarización de Santiago pode xa propoñer a adxudicación de prazas de escolarización nesta área tendo en conta esta decisión que aínda non é firme.
Polo tanto, a Consellería de Cultura e Educación non entende que algún sindicato cualifique de ilegal e fraudulento un proceso que seguiu todos os pasos normativos e que é público porque nas reunións, ademais de representantes da Administración, tamén hai representantes dos propios sindicatos, dos centros, do profesorado e das ANPAS.