Publicadas as listaxes das solicitudes correspondentes ás actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Mér, 18/05/2016 - 12:17

Comunícase que o día 16/05/2016 publicáronse as listaxes correspondentes ao indicado no artigo 14.1 da Orde de convocatoria:

  • - Solicitudes coa documentación correcta.
  • - Solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto.
  • - Solicitudes excluídas, indicando as causas de exclusión:
    • a. Solicitudes fóra de prazo.
    • b. Solicitudes excluídas por non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3 da Orde de convocatoria.

Máis información na web da aplicación http://www.edu.xunta.gal/axudasle