Cultura e Educación licita a construción do novo IES de Soutomaior, no que se investirán máis de 6 millóns de euros
O centro, co que se dará resposta ás necesidades crecentes de prazas de escolarización deste concello, terá capacidade para 480 alumnos
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de sacar a licitación da obra de construción do novo IES de Soutomaior, en Pontevedra, por un importe que supera os 6,3 millóns de euros. A resolución, publicada hoxe no DOG, pode consultarse no seguinte enderezo web http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160513/AnuncioG0164-100516-0001_gl.html.
O obxectivo desta actuación é dar resposta ás necesidades crecentes de prazas de escolarización deste concello, evitando que as rapazas e rapaces se teñan que desprazar a outros concellos para cursar estas ensinanzas. Deste xeito, a construción do novo IES contribuirá a desconxestionar o actual CPI Manuel Padín Truiteiro, permitindo que este centro se centre nas ensinanzas de infantil e primaria.
O centro terá capacidade para 480 alumnos, con 12 unidades de ESO e 4 de Bacharelato. Albergará 16 aulas polivalentes, 3 aulas de desdobre e 2 de apoio educativo, aula taller de tecnoloxía, aula de música, aula de informática, aula de plástica, biblioteca, 4 seminarios, 3 laboratorios, ximnasio, vestiarios e aseos, así como zona de administración con despacho de dirección, xefatura de estudios e secretaria, sala de profesores, despacho de orientación, sala de ANPAS e sala conserxería. Ademais, contará con zonas de servizos comúns como cafetería, sala polivalente así como cuartos de instalacións e de lixo.
O IES dividirase en 3 plantas. Na -1 atoparanse os servizos comúns, como o ximnasio ou a cafetería, mentres que a planta 0 estará destinada ás oficinas administrativas, a biblioteca e á área docente de secundaria. Pola súa parte, a planta 1 acollerá os seminarios e o resto das aulas. O edificio terá unha superficie escalonada, co fin de adaptarse ao terreo cunha solución arquitectónica que optimice ao máximo a construción.
El IES se dividirá en 3 plantas. En la -1 se encontrarán los servicios comunes, como el gimnasio o la cafetería, mientras que la planta 0 estará destinada a las oficinas administrativas, la biblioteca y al área docente de secundaria. Por su parte, la planta 1 acogerá los seminarios y el resto de las aulas. El edificio tendrá una superficie escalonada, con el fin de adaptarse al terreno con una solución arquitectónica que optimice al máximo la construcción.