Resolución da D.X. de Centros e RRHH pola que se fai pública a relación de centros participantes no proxecto piloto "Escornabots na biblioteca escolar"
Publícase a Resolución de 28 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve a convocatoria do proxecto piloto "Escornabots na biblioteca escolar", para a introdución dos robots e da linguaxe de programación nas bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o ano 2016.
Esta iniciativa intégrase no contexto dun modelo de biblioteca aberto ás distintas linguaxes, no que se promove a expresión oral, a alfabetización múltiple, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.
As persoas designadas polo centro para o seguimento da actividade formativa prevista serán convocadas á sesión presencial que terá lugar o día 13 de maio en Santiago de Compostela (EGAP), en sesións de mañá e tarde.