Título node Learning object

III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino
Ven, 15/04/2016 - 12:21
Logo

Os departamentos de Filoloxía Galega e de Didáctica da Lingua e a Literatura e das Ciencias Sociais da USC convocan as III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino. Esta actividade formativa ten por obxecto abordar a problemática que a docencia desta materia presenta na actualidade. Esta convocatoria centrarase no plano sociolongüístico, especialmente importante nun momento no que as actitudes lingüísticas que a sociedade presenta cara ó noso idioma son diversas e cambiantes.
Ademais busca reforzar as canles de comunicación entre o profesorado de educación secundaria e o universitario no noso ámbito, co obxectivo último de ir axeitando a formación dos nosos estudantes ás necesidades e demandas do mercado de traballo e da sociedade galega.

Data: venres 29 e sábado 30 de abril de 2016
Lugar: Facultade de Filoloxía de Santiago
Duración: 12 h
Homologación: solicitada