Resolución pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 para os centros docentes admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015/2016
Xúntase a Resolución do 11 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 para os centros docentes admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015/16.
Poderán participar nestes premios os centros públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015-2016
Categorías e dotación:
- Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria, colexios de educación primaria.
- Un 1º premio de 6.000 €
- Un 2º premio de 4.000 €
- Dous 3º premios de 2.000 € cada un
- Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria, centros públicos de educación e promoción de adultos e conservatorios de música
- Un 1º premio de 6.000 €
- Un 2º premio de 4.000 €
- Dous 3º premios de 2.000 € cada un
Poderanse conceder tamén accésits en calquera das dúas categorías sen dotación económica
Prazo para presentación de solicitudes: ata o 11 de maio de 2016.
Documentación necesaria para participar:
- Anexo I da convocatoria.
- Certificación na que figuren os datos dos docentes que se presentan ao premio.
- Certificación de que o centro conta con autorización para o uso das imaxes dos menores participantes no traballo se os houbese.
- Memoria descritiva, segundo se especifica no Artigo 5.4.
Prazo para presentación de solicitudes: ata o 11 de maio de 2016.
Máis información:
Asesoras do Plan Proxecta
- Mónica Martínez Baleirón 881 997 598
- Julia Taboada Martínez 881 997 494
Correo electrónico: asesoria.innovacioneducativa@edu.xunta.es
NOTA: A documentación necesaria para presentarse a estes premios pódese adiantar a través do correo electrónico aportado. Cómpre ter en conta que este adiantamento da documentación non exime da súa presentación por rexistro con data anterior ao 11 de maio de 2016.