Título node Learning object

Actividade para celebrar o “Día das Rapazas nas TIC”
Ven, 22/04/2016 - 12:09
Cartel do portal das rapazas nas TIC

O próximo 28 de abril o Centro de Supercomputación de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organizan o "Día das Rapazas nas TIC" (Girls in ICT Day), no marco do Plan Proxecta e iniciativa Rapaciñ@s, dirixido especialmente aos centros de secundaria de Galicia.
O Día das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional. 

Estas actividades están organizadas  para escolares de entre 10 a 14 anos. 

Organizaranse da seguinte forma:

Ás 11 da mañá, un coloquio desde centros educativos por multiconferencia con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer o seu día a día, preguntar calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido.  A duración da actividade será de 1:30 horas, ata as 12:30.

As participantes serán:

  • Natalia Costas Lago, enxeñeira en telecomunicacións e máster en seguridade da información, xestiona a Rede de Ciencia e  Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e os servizos de rede do Centro de Supercomputación de Galicia, ademais de participar en proxectos innovadores baseados en redes de banda ampla. 
  • Susana Gómez Carnero, Doutora en Enxeñaría Informática, directora xeral en Origami Soluciones, (www.origamisoluciones.com/) empresa de consultoría e desenvolvemento de solucións TIC, Directora Executiva BNI Galicia. 
  • Rebeca García Fandiño, doutora en Química, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e directora científica en MD.USE Innovative Solutions (www.mduse.com), empresa dedicada  ao desenvolvemento de software científico e aplicacións educativas para Química a través da Realidade Virtual.
  • Lorena Otero Cerdeira é doutora en informática pola Universidade  de Vigo. docente e Investigadora do LIA2 (Laboratorio de Informática Aplicada) da Universidade de Vigo. Membro da Xunta de Goberno del Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, na que tamén preside a súa comisión de Igualdade.

Ás 5:30 da tarde, celebrarase o fallo do concurso de programación escolar sobre Scratch da iniciativa Rapaciñ@s, e en paralelo, haberá visitas guiadas ao corazón do Finisterrae 2 , o superordenador do CESGA, así como un obradoiro de impresión 3D.

Os centros que queiran participar, deben contactar por correo electrónica  (e-learning@cesga.es).  Recibirán apoio e  instrucións para poder conectar coa actividade ese día. O evento terá unha duración aproximada de 1:30 horas. 

Na web http://www.ictgogirls.eu/index_gl_Fnode_F102.html expoñeranse todos os detalles do concurso e a información relacionada.