Título node Learning object

Regueifas de Ciencia
Mér, 06/04/2016 - 13:15
Logo de Regueifas de Ciencia

Trátase dunha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), na que mediante debate (regueifa) exponse e danse a coñecer  posturas, fundamentos e argumentos das distintas posicións ao redor dun tema.

O 8 de abril de 2016 celebrarase o primeiro debate no Salón de actos da Facultade de Comunicación da USC  co tema: “Son os tranxénicos unha opción válida e segura?”.

A entrada ao debate é gratuíta ata completar aforo, pero tamén poderase seguir por streaming en directo e se publicará a grabación.

Para máis información pódese consultar a web oficial do proxecto: www.regueifas.org ou escribir ao enderezo de correo electrónico info@regueifas.org.