Título node Learning object

Actividade de formación “Olimpíada Española de Bioloxía”
Ven, 11/03/2016 - 14:29
Cartel da XI Olimpíada Española de Bioloxía

A Olimpíada Española de Bioloxía (OEB) coa colaboración da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, organizará do 7 ao 10 de abril a XI Olimpíada Española de Bioloxía- Fase Nacional na Facultade de Bioloxía da cidade de Vigo.

A OEB ofrece a posibilidade de inscrición do profesorado, que non sendo Delegado Autonómico da OEB, desexe participar nas actividades organizadas na Olimpíada.
Esta actividade vai dirixida ao profesorado e persoal docente especializado que desempeña as súas funcións en centros sostidos con fondos públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O prazo de inscrición finaliza o venres 18 de marzo. A inscrición realizarase por rigorosa orde de recepción a través do formulario: https://goo.gl/IGz6cP  

Pódese consultar aquí o programa provisional: http://goo.gl/fYSVbw