Título node Learning object

I Premio Nacional de Iniciación á Investigación Tecnolóxica
Ven, 11/03/2016 - 11:20
Cartel I Premio Nacional de Iniciación á Investigación Tecnolóxica

A Unión de Asociacións de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñaría da Rama Industrial de España, co patrocinio da Caixa de Enxeñeiros, convoca este premio co obxectivo de promover as vocacións e interese na enxeñaría, potenciar a materia de Tecnoloxía e reforzar as aptitudes do alumnado do entorno preuniversitario.

A temática deste certame versará sobre a mellora da eficiencia enerxética, sendo o alumnado de 3º e 4º de ESO (categoría A) e 1º e 2 de bacharelato (categoría B) de España, os encargados de desenvolver proxectos empregando unha metodoloxía de observación sobre posibles solucións de aforro enerxético, e deberán idear e propoñer medidas para a mellora da eficiencia enerxética.

O prazo de presentación das propostas estará aberto ata o 29 de abril de 2016. Establecerase un proceso de selección local e outro nacional.

Máis información na ligazón a este premio.