Título node Learning object
V Premio de Poesía Carme Villaverde
Ven, 04/03/2016 - 14:17
O Instituto Nº1 de Ordes convoca a quinta edición do Premio de Poesía, en lembranza da profesora Carme Villaverde Raña.
Poderán participar alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos que cursen estudos en Galicia e non teñan cumpridos 20 anos a 31 de decembro de 2015. Presentaranse tres composicións, con liberdade de metro e rima, orixinais, inéditas e escritas en lingua galega.
O prazo de presentación remata o 29 de abril de 2016 ás 14:00 horas.
No arquivo adxunto pódense descargar as bases deste premio.
Concederase un único premio de 400 euros.