Título node Learning object
Relaciona é un proxecto para o fomento da igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero desde o ámbito escolar. Está dirixido ao profesorado mediante a súa sensibilización e a súa formación.
Quen o organiza?
En Galicia lévase a cabo mediante a financiación do Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, mediante convocatoria e coordinación da Secretaría Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a colaboración da Dirección xeral de Educación, F. Profesional e Innovación Educativa, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia.
Etapas: educación infantil, primaria e secundaria.
Modalidade: grupo de traballo.
Persoas destinatarias: profesorado de educación infantil, primaria e secundaria.
Número de prazas: grupo de traballo cun máximo de quince persoas e mínimo de oito, dunha mesma localidade ou zona educativa.
Lugar: nos propios centros solicitantes ou nos Centros de Formación e Recursos (CFR) das provincias.
Data prevista: entre marzo e novembro de 2016.
Duración: 12 horas (distribuídas en varias xornadas).
Obxectivos xerais:
- Facilitar que os docentes pasen a ser axentes activos das prácticas educativas non sexistas no marco curricular actual.
- Facilitar a introspección e acompañar ao profesorado nas respostas e cuestións clave sobre a igualdade entre homes e mulleres. A partir diso, abordar que se ensina?, como se ensina? e como se aprende?
Metodoloxía: participativa, na que os eixos fundamentais son a comunicación e a motivación, favorecendo o diálogo nun ambiente de escoita e respecto, e promovendo a motivación e o interese.
Contidos
- Módulo 1: como se ensina a ser nena e a ser neno? O sexismo no centro educativo.
- Módulo 2: dos conflictos á violencia machista na escola. Diálogo a mediación como estratexias educativas.
- Módulo 3: transversalización de xénero na ensinanza.
- Módulo 4: a educación afectivo-sexual na escola para a prevención da violencia machista nas relacións de parella.
Solicitude
A solicitude enviarase por correo electrónico co asunto: "SOLICITUDE PROGRAMA RELACIONA 2016" ao seguinte enderezo: vx.igualdade@xunta.es
E nela deberán figurar os seguintes datos:
- Denominación do centro
- Persoa de contacto no centro
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico de contacto
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 4 de marzo de 2016.
Selección dos centros:
- Concederanse catro actuacións formativas. Unha por provincia.
- A selección dos centros docentes realizarase tendo en conta os seguintes criterios:
- Centros participantes no curso escolar 2015-2016 no programa do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade".
- Orde de entrada das solicitudes no enderezo electrónico sinalado.