Innova FP Galicia. Congreso de Innovación na Formación Profesional
Mar, 16/02/2016 - 15:54
A Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá os vindeiros 24 e 25 de febreiro de 2016 o Congreso de Innovación na Formación Profesional Innova FP Galicia organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Este evento pretende facer visible ante a sociedade a potencialidade dos centros de formación profesional e a importante actividade innovadora, tanto didáctica como tecnolóxica, que se xera a través do profesorado e o alumnado destes centros, así como a importancia de impulsar as colaboracións co entorno produtivo.
- Para inscribirse acceder a fprofe co código da actividade G1502030.