Título node Learning object

Exposición sobre cartografía escolar no Mupega
Ven, 05/02/2016 - 10:57
Logo

O Museo Pedagóxico de Galicia ofrece a exposición temporal "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX". Nela ofrecen materiais didácticos e curiosidades relacionadas coa xeografía e a cartografía escolar.

No ano 1916, o profesor da Escola Normal de Pontevedra e futuro director da de Santiago, José María Crespo Rodríguez, editaba o libro Nociones de Geografía de Galicia, que se
considera o primeiro manual de Xeografía dedicado a Galicia. Exactamente cen anos antes Domingo Fontán iniciara no pombal do Pazo de Sobrecarreira os exercicios preliminares para a
confección da súa Carta Geométrica de Galicia.
Con motivo dos respectivos centenario e bicentenario, e dentro da programación do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), inaugúrase a exposición temporal O mundo nas mans.
Cartografía escolar dos séculos XIX e XX na que se amosa, ademais do libro e do mapa mencionados, unha escolma de pezas relacionadas coa cartografía e as disciplinas que a
empregaban como medio didáctico.
O mundo nas mans vai acompañado dun programa de actividades didácticas dirixidas ós centros que queiran descubrir o Mupega dende outra dimensión, a través da súa exposición
temporal. Estas actividades están pensadas para axudar os rapaces e rapazas a coñecer os mapas e os principios da cartografía a través das actividades lúdicas e dos obradoiros que
están programados e adaptados para todas as etapas educativas.

Para obter máis información pódese contactar con Pilar Fernández Blanco no Museo Pedagóxico de Galicia:
Tlf. 981 540 155
Correo electrónico: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es