S1501044 Competencias profesionais docentes - Inglés
Trataránse temáticas relacionadas co desenvolvemento profesional dos docentes de inglés de todos os niveis. Haberá sesións de interese xeral e outras específicas, a escoller, para infantil/primaria ou para secundaria. Prestarase especial atención a secuenciación de tarefas comunicativas, a contextualización, e a interculturalidade. Tamén se integrarán as TIC/TAC e se dará un marco xeral de fácil manexo e de impacto inmediato na aula.
Os relatores do curso serán: Martin Goosey do British Council de Madrid, Jarrett McDowell, licenciado pola universidade de Carolina do Norte, Francisco Ramos, doutor na Univesidade de Loyola Marymount de Os Angeles e experto en ensino biligue, e Will Varney, formador de Macmillan Education.