Título node Learning object

Dous centros galegos acada o Premio "Alfabetización Audiovisual"
Ven, 18/12/2015 - 12:28
Logo do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais

O Premio Alfabetización Audiovisual ten como finalidade galardoar aos centros docentes españois que fomenten a alfabetización audiovisual a través do desenvolvemento de proxectos que se materialicen na implantación de experiencias educativas, actividades complementarias, materiais curriculares e de apoio, así como todos aqueles traballos innovadores que contribúan a acercar ao alumnado a cinematografía e o audiovisual.

 

 

 

Os centros galegos galardoados desenvolveron os seus proxectos a través da súa participación no programa educativo “Cine en Curso” promovido polo CGAI no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Categoría de Primaria: CEIP A Rúa de Cangas, Pontevedra.

Título do traballo: “Unha viaxe no tempo”. O xurado destacou a súa forma de promover a alfabetización e desenvolver o pensamento crítico., ademais de resaltar a solidez deste proxecto  e a xeración dunha profunda vinculación coa súa tradición cultural.

  • Categoría de Secundaria: IES Plurilingüe Fontem Albei, A Fonsagrada, Lugo.

Título do traballo: “A Fonsa…Acción!”. O xurado destacou o espírito innovador do traballo no que se utiliza o cine tanto como arte como vehículo para a creación cultural, así como a súa capacidade para explorar o potencial da pedagoxía na creación.