Título node Learning object

Prensa-Escuela convoca un curso de blogs avanzado para profesores
Ven, 23/10/2015 - 11:35
Fotografía de docentes facendo o curso

O Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, e que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, celebrará do 3 ao 30 de novembro un curso de blogs de carácter avanzado co obxectivo de dotar ao profesorado xa iniciado no uso desta ferramenta de novos recursos e estratexias para optimizar as posibilidades técnicas e pedagóxicas do blog no ámbito educativo.

O curso, totalmente gratuíto e homologable pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impartirase integramente en rede a través da aula virtual do programa e permitirá aos participantes facer un uso avanzado da plataforma Wordpress así como explorar as posibilidades das teorías do aprendizaxe cooperativo, as intelixencias múltiples e a creatividade como ferramentas para mellorar a aprendizaxe do alumnado.

O taller contará, ademais, co asesoramento dun titor especializado que será o encargado de proporcionar aos docentes a orientación e os recursos necesarios para que podan crear e dinamizar o seu proxecto dixital utilizando as noticias como ferramenta didáctica.

Os interesados en inscribirse nesta actividade, deberán enviar un correo electrónico a prensa-escuela@lavoz.es e facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, centro de destino ao que pertencen, DNI, dirección de e-mail e un teléfono de contacto.

O prazo máximo de recepción de solicitudes finaliza o 27 de outubro.

Pódese descargar o programa deste curso no arquivo anexo.