Título node Learning object

Evento centrado nas tecnoloxías STEM na Semana Europea da Programación
Ven, 09/10/2015 - 12:24
Logo de CodeWeek

Dentro da Semana Europea da Programación (http://codeweek.eu) celebrarase un acto centrado nas tecnoloxías STEM (Science, Technology, Engineering, Mathematics) como aproximación de futuro para a docencia en primaria e secundaria, no Salón de Actos da Facultade de Informática o día 15 de outubro ás 17:00.

Este evento contará coa presenza de Pablo Espeso, editor en Xataka (publicación de prestixio sobre tendencias tecnolóxicas que pertence a Weblogs SL), que falará sobre as principais ferramentas existentes na actualidade para iniciar aos nenos/as en STEM, tales como Scratch, LEGO WeDo, Arduino, etc.

Pódese consultar o programa completo do acto na ligazón aportada.