Título node Learning object

Preséntanse as VIII Xornadas de Literatura de Tradición Oral
Ven, 02/10/2015 - 11:47
Cartel da actividade

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega acaban de presentar a VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral, que anualmente ten lugar en Lugo. A edición deste ano leva como subtítulo "Obscenidade na literatura de tradición oral".

No desenvolvemento desta actividade formativa colaboran a Biblioteca Pública de Lugo, a Deputación de Lugo e a Concellería de Cultura e Turismo.

 

Data: sábado 24/10/2015
Horario: 10.15-14.00 e 16.00-20.30
Lugar de celebración: salón de actos da Biblioteca Pública de Lugo (Avda. Ramón Ferreiro, s/n, 27002 Lugo)
Matrícula: de balde
Número de prazas: 100
Certificación: 8 horas (solicitada a homologación)
Prazo de inscrición: do 29/09/2015 ao 22/10/2015