Título node Learning object

XVI Concurso Hispanoamericano de Ortografia 2015
Lun, 28/09/2015 - 12:30
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, consciente da relevancia e importancia da vertente escrita da lingua, a ortografía, como base dunha correcta escritura, considerou necesario potenciar o seu estudo e coñecemento, promovendo esta iniciativa en colaboración coas Comunidades Autónomas e os centros docentes, por todo iso convocou o XVI Concurso Hispanoamericano de Ortografía do ano 2015, co obxecto de fomentar o uso correcto da lingua española.
 
Destinatarios:
Alumnos e alumnas que se atopen matriculados durante o curso 2015/2016 no segundo curso de Bacharelato.
 
Fases:
O concurso desenvolverase en tres fases sucesivas:
  • Primeira fase: centro docente.
  • Segunda fase: Comunidade Autónoma de Galicia
  • Terceira fase: estatal.
O gañador ou a gañadora da segunda fase poderá participar na fase estatal, na que os dous primeiros clasificados serán premiados cun importe máximo de:
Primeiro premio: 1.000 euros.
Segundo premio: 500 euros.
Inscrición:
Data límite para inscribirse o centro educativo na primeira fase. 2 de outubro
Data límite de inscrición do alumnado seleccionado para participar na segunda fase. 9 de outubro