Título node Learning object

Xornada para nais e pais: Rapaciñ@s. A tecnoloxía ben segura
Lun, 28/09/2015 - 10:26
Cartel da Xornada Rapaciñ@s

O vindeiro día 3 de outubro de 2015 o Auditorio da Cidade da Cultura de Galicia e os espazos lindeiros servirán de escenario ao arrinque das xornadas Rapaciñ@s. A tecnoloxía ben segura, impulsadas polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Rapaciñ@s consta dunha serie de charlas informativas que percorrerá Galicia da man das colexiadas e colexiados do CPEIG e que dará comezo con esta xornada programada na Cidade da Cultura. Familias e docentes atoparán información e recursos de interese, namentres as nenas e nenos adquiren hábitos seguros para navegar na Rede e desenvolven a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros pensados para que se divirtan e aprendan.

Conferencias de Enrique Dans e Rocío Ramos-Paul
Na xornada do día 3 de outubro, que comezará ás 17.00 horas, o profesor de Sistemas de Información en IE Business School, Enrique Dans, abordará os riscos na rede coa charla "Nenos, Rede e futuro: o perigo está en non estar". A continuación, a psicóloga Rocío Ramos-Paul, autora do “Manual de Supernanny”, exporá as cuestións relativas á “Educar na era Dixital”.

En paralelo celebraranse obradoiros para nenos de entre 8 e 14 anos sobre navegación segura, realidade aumentada, protección de datos... Estas actividades combinarán aspectos lúdicos e didácticos. Para algunhas delas os rapaces poden precisar un smartphone ou tablet. Non é necesaria a inscrición, as prazas cubriranse por orde de chegada.

Máis información pódese atopar no arquivo anexo do programa.

Menús Learning object node R