Título node Learning object
A Organización de Estados Iberoamericanos – OEI, o seu Instituto Iberoamericano de Educación en Dereitos Humanos – IDEDH, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) e a Fundación SM, convocan este premio co obxectivo de recoñecer o traballo de institucións educativas que actuaran de xeito exemplar na defensa e promoción dos Dereitos Humanos a través da educación.
As institucións educativas poden ser Administracións Educativas, Centros de Profesores, Apoio e Recursos e Centros docentes no ámbito da Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Educación de Persoas Adultas.
As candidaturas que se presenten deben estar integradas nalgunha das seguintes liñas de actuación:
- Programas a favor da convivencia na escola, comunidade e/ou sociedade
- Programas a favor da paz
- Programas a favor da liberdade de pensamento, de conciencia, de relixión, de opinión e de expresión
- Programas a favor do benestar social e cultural
- Programas para erradicar a discriminación a outros grupos culturais, minoritarios, de xénero, identidade sexual ou discapacidade
- Programas de sensibilización e coñecemento dos Dereitos Humanos
A admisión dos traballos pode realizarse ata o 25 de outubro, inclusive.
Máis detalles de participación, na ligazón aportada da convocatoria destes premios.