Título node Learning object

Xornada: "Escola, Aprendizaxe e Colaboración na Nube"
Xov, 24/09/2015 - 10:33
Cartel da Xornada

O próximo sábado 10 de outubro celebrarase a Xornada "Xornada: "ESCOLA, APRENDIZAXE E COLABORACIÓN NA NUBE" no marco da Conferencia final do proxecto europeo RuralSchoolCloud en Santiago de Compostela, un gran evento gratuíto e aberto a todos/as os/as docentes e interesados/as nas TIC na escola rural.
As prazas son limitadas, e o evento está recoñecido con 8 horas de formación pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para os/as participantes.
Pódese inscribir na actividade na seguinte URL: http://rsc-project.eu/index.php/final-conference-gl/
Para inscribirse nesta actividade en fprofe, o código é G1502023

Principalmente dirixido a:
Docentes de ensino infantil, primaria e secundaria, formadores de profesores, investigadores/as en educación e TIC, estudantes de maxisterio e pedagoxía, técnicos e administradores en políticas educativas, e en xeral, persoas interesadas ​​no emprego das TIC e a computación na nube en entorno escolar e en especial nas escolas rurais ou illadas.

 

Axenda do evento:
09:00 Inscrición dos participantes.
09:30 Inauguración de acto por parte do Conselleiro de Educación,  Román Rodríguez González.
09:35 Presentación da Axenda.
9:40 “School on the Cloud towards unity not uniformity: The case of
rural & remote schools”. Kostis Koutsopoulos. (School on the Cloud Network)
10:00 Introducción ao proxecto RuralSchoolCloud. A experiencia, logros e productos. (Maria R Malmierca,  coordinadora do proxecto, CESGA)

10:45 Café

11:15 As experiencias piloto do proxecto RuralSchoolCloud. Introducción. A actividade do proxecto nas escolas de Dinamarca (Raffaele Brahe-Orlandi, Universidade VIA, Dinamarca)
11:35 Mestres/as de Galicia presentan a súa participación e actividade no proxecto. (Directoras dos 4 CRAs participantes no proxecto)
12:00 Mestres/as de Gran Bretaña presentan a súa participación e actividades no proxecto.
12:30 Presentación das actividades das escolas gregas (Konstantina Zachari, AKETH, Trikala, Grecia)
12:40 Rede de Escolas na Nube . Iniciativa galega de computación na nube para as escolas rurais. (Directoras dos 4 CRAs participantes no proxecto)
13:45 Fin da sesión da mañá

14:00 Xantar de Traballo no claustro do palacio de Fonseca

15:30 Comezo da sesión da tarde. Presentación da axenda.
15:40 Sesión de intercambio de iniciativas sobre escola, ruralidade e TIC
(15 minutos exposición-10 minutos debate)

  •     EDIXGAL. Experiencia do libro dixital en Galicia (Consellería de Educación)
  •     Tabletas para a mellorar a creatividade e a aprendizaxe escolar. (Milagros Trigo, directora CPI o Cruce, Cerceda)
  •     XIS na escola Rural. Unha experiencia no Courel. (Lourdes Soutelo, CPI Poeta Uxío Novoneyra Seoane, Folgoso do Caurel)
  •     eTwinning en escola rural. (Susana Vázquez Regueiro, teacher at CEIP San Xoán, Becerreá)

17:45 Pausa café
18:00 Sesión final e conclusións.
18:30 Fin do evento.