Título node Learning object

Xermolón
Xov, 13/08/2015 - 14:22
[actualizado o 2/03/2016]
 

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Sanidade
    • Servizo de Estilos de Vida Saudable e Educación para a Saúde

Ámbito: saúde / alimentación
Definición: promoción da alimentación saudable a través da adquisición de pautas de consumo responsable.
Temporización: curso completo.
Alumnado ao que vai dirixido: ESO
Límite de centros participantes: sen límite.
Criterios de selección: solicitudes en regra

De cara o vindeiro curso escolar teranse en conta os seguintes criterios:

Criterios de selección:

  • Centros pertencentes a concellos participantes no Plan Xermola (AC: Cambre, Fene; LU: Friol, Quiroga; OU: Celanova, Ribadavia, Verín; PO: A Guarda, Lalín e Poio).

Criterios de exclusión:

  • Centros non pertencentes a concellos participantes no Plan Xermola.

Responsable do programa:

Nome: Ana Mª Martínez Lorente
Departamento: Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde
Teléfono: 881 548 606
Correo electrónico: Ana.Maria.Martinez.Lorente@sergas.es

Xustificación

O programa enmárcase dentro do Plan Xermola (plan para a prevención da obesidade infantil en Galicia) liderado pola Consellería de Sanidade . Corresponde con tres das súas estratexias de intervención: normativa, participativa e de vixilancia). Concrétase en 3 das súas 34 intervencións.

Obxecto xeral

O proxecto que se realice en cada centro educativo permitirá desenvolver habilidades prácticas para a vida diaria do alumnado relacionadas con unha alimentación saudable, como a interpretación da información da etiqueta nutricional no momento da compra dos alimentos,  a análise da oferta alimentaria do contorno do centro educativo (comedor, cafetería, kiosco, etc), reflexión sobre o que a publicidade inflúe na elección da alimentación e elaboración de propostas de mellora respecto á oferta alimentaria no contorno do alumnado.

Palabras clave

Consumo responsable. Hábitos de vida saudable. Obesidade infantil.

Obxectivos específicos

PARA O ALUMNADO

  • Interpretar correctamente a información da etiqueta nutricional dos alimentos envasados que se ofertan nas máquinas expendedoras e/ou kioscos do centro escolar.
  • Avaliar correctamente a oferta alimentaria da cafetería do centro educativo, baseándose en 6 criterios básicos.
  • Desenvolver un análise crítico da influencia que ten a publicidade dos alimentos na elección da súa compra.
  • Elaborar unha proposta de oferta alimentaria máis saudable, en base a recomendacións do grupo de idade a quen vaia dirixida.

PARA O PROFESORADO

  • Informe de resultados coa valoración nutricional da oferta alimentaria do contorno escolar.
  • Proposta de mellora alimentaria do contorno escolar a través da elaboración de catálogo de alimentos que formen parte das máquinas expendedoras do centro, carta de pratos, bocadillos da cafetería do centro ou calquera outra iniciativa que teña o mesmo propósito.

Actividades e recursos

  • Concurso : premio ás boas prácticas.
  • Formación presencial para os docentes participantes (aberto a outros docentes interesados na nutrición):
    • código: G1503098
    • título: A oferta alimentaria no ámbito escolar. Estratexias de traballo do Plan Xermola
    • temporalización: 28/01/2016  -  29/04/2016
    • duración: 8 h presenciais + 2 h en rede
    • lugar: CAFI
    • prazas: 30
    • contido:
      1. O programa Xermolón: xustificación, obxectivos, programación e planificación
      2. Nutrición e saúde. Equilibrio, adecuación, suficiencia e seguridade da dieta
      3. Obxectivos nutricionais e guías alimentarias. Etiquetas nutricionais
      4. Desenvolvemento de proxectos na aula 
  • Material divulgativo: a través da aula virtual do CAFI ofrecerase todo o material traballado no curso de formación. Poderase consultar nesta ligazón. Entre outros materiais, recóllese información sobre etiquetas nutricionais, pirámides alimentarias, menús escolares, inxestas recomendadas, publicidade nutricional, recomendacións internacionais sobre nutrición infantil, documentación de referencia da estratexia NAOS, documentación de referencia da Organización Mundial da Saúde e, por suposto, documentación de referencia do Plan Xermola.

Menús Learning object node R