Título node Learning object

Semana da Programación da UE do 10 ao 18 de outubro de 2015
Mér, 05/08/2015 - 11:02
Cartel da Semana da Programación da UE

A Semana da Programación da Unión Europea é unha iniciativa popular organizada por voluntarios que, como embaixadores desa Semana, promoven a programación nos seus países. Esta iniciativa lanzouse en 2013 por un grupo de asesores para a Axenda Dixital.
Este ano, na súa terceira edición, celebrarase do 10 ao 18 de outubro de 2015. Millóns de nenos e nenas, mozos e mozas, adultos, nais e pais, docentes, empresarios e responsables políticos reuniranse outra vez en actos e aulas en toda Europa para aprender a programar.

Para máis información pódese descargar o arquivo anexo ou visitar a web aportada da Semana da Programación da UE.