Título node Learning object
A Escola Galega de Administración Pública e as consellerías de Traballo e Benestar, Sanidade e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da sinatura dun convenio de colaboración, poñen en marcha o Plan de formación en atención temperá para o ano 2015, ofertado a través da Secretaría Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar para o persoal dependente das anteditas consellerías así como para o persoal do Servizo Galego de Saúde e dos servizos sociais comunitarios que estean vinculados profesionalmente con servizos e recursos de atención temperá.
Xornadas informativas
Póñense en marcha catro xornadas informativas para dar a coñecer o novo marco normativo da atención temperá en Galicia e o protocolo de coordinación, dirixidas a empregados públicos das consellerías de Traballo e Benestar; Sanidade; e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que interveñan con menores de 0-6 e profesionais dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos que interveñan con familias e menores.
As xornadas terán lugar, en horario de mañá, en Santiago de Compostela (24 de setembro), Lugo (30 de setembro), Ourense (6 de outubro) e Pontevedra (8 de outubro).
A incrición está aberta ata o 31 de xullo.
Máis información no enlace web aportado.