Titulo Description node R
Os artigos 120 e 124 da Lei orgánica 2/2006, na redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, establecen a autonomía dos centros na elaboración das súas normas de convivencia e das de organización e funcionamento.
Concretamente no título do artigo 124 da citada Lei orgánica, aparece a denominación “Normas de organización, funcionamento e convivencia”, aínda que no desenvolvemento do citado artigo se aluden de xeito diferenciado as normas de organización e funcionamento e as normas de convivencia, de aí o título diferenciado nos artigos 18 e 19 do Decreto 8/2015.
Entre os documentos máis importantes do centro en materia de convivencia escolar (elaborados en base á normativa legal pero considerando a citada autonomía dos centros educativos) destacan dous:
- As Normas de Organización e Funcionamento (NOF), como documento institucional independente nos centros educativos (no artigo 124 da LOE-LOMCE aparece reflectido como Normas de organización, funcionamento e convivencia)
- O Plan de convivencia, que incorpora as actuacións, programas e medidas para a mellora da convivencia no centros docentes
Cabe facer aquí alusión tamén ás Normas de Convivencia, que non son un documento independente senón que se incorporan aos dous documentos anteriores.