Plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2015/2016

Xov, 16/04/2015 - 09:00

Xúntase a Resolución do 7 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2015/16(DOG do 16 de abril de 2015). 

  • O prazo de preinscrición remata o 8 de maio.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño.

 
Que son?
Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado.
 
Destinatarios
 
Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.
 
Características

  • Os plans estarán integrados por unha ou dúas liñas de actuación. Cada liña, pola súa vez, desenvolverase a través dun itinerario formativo.
  • Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo ou seminario).
  • As actividades deberán estar integradas e secuenciadas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados. Potenciarase o uso das TIC no desenvolvemento do dito proceso.
  • Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • Contarán coa participación mínima do 40% do claustro, salvo casos excepcionais que, a xuízo de Comisión de Selección, resulten debidamente xustificados.
  • Cada centro só participar nun único plan.
  • Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán participar presentando un mesmo plan conxunto.
  • Todo o profesorado que preste servizos nun centro seleccionado na convocatoria poderá participar no seu plan de formación.
  • Cada participante integrarase, como mínimo, nun dos itinerarios e, polo menos, nunha das súas actividades formativas. No caso de integrarse nunha única actividade, esta será un grupo de traballo ou un seminario.

 
Liñas de actuación
 
Os plans de formación propostos tratarán, de xeito prioritario, a seguinte liña de actuación:
 

  1. Programación, avaliación e metodoloxías que favorecen a adquisición de competencias clave, segundo os novos currículos.

 
Ademais, os plans de formación poderán tratar unha das seguintes liñas:
 

  1. Planificación estratéxica das linguas no centro.
  2. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.
  3. Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.
  4. Convivencia escolar e clima da aula. Relacións coas familias.
  5. Mellora das competencias profesionais docentes e actualización científica e didáctica do profesorado.
  6. Mellora da xestión dos centros (con especial atención á xestión directiva) e dos procesos de calidade.
  7. Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento.
  8. Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos.

 
Máis información
 
Mail: cafi@edu.xunta.es, cfr.coruna@edu.xunta.es, cfr.lugo@edu.xunta.es, cfr.ourense@edu.xunta.es, cfr.pontevedra@edu.xunta.es, cfr.ferrol@edu.xunta.es, cfr.vigo@edu.xunta.es.