Xornadas de atención ao alumnado con diabete no entorno escolar
XORNADAS DE ATENCIÓN AO ALUMNADO CON DIABETE NO ENTORNO ESCOLAR
Referencia: S1402014
Duración: 10 horas, presencial
Temporalización: 15, 22, 27 e 29 de abril, de 17:30 h – 20:30 h
Lugar: CAFI.
R/ Lamas de Abade s/n
15702 Santiago de Compostela
Obxectivos
Facilitar ao profesorado información sobre as necesidades de atención que pode presentar o alumnado con diabete e as pautas a ter en conta en diferentes situacións da actividade escolar e extraescolar.
Capacitar ao profesorado para atender ao alumno ou alumna con diabete en situacións de emerxencia que teñan lugar durante a xornada escolar.
Dotar ao profesorado de coñecementos e habilidades para poder traballar con alumnos e alumnas con diabete, coñecendo as súas limitacións e os posibles síntomas asociados.
Contidos
Conceptos básicos e características principais da diabete en nenos, nenas e adolescentes.
Pautas e recomendacións a ter en conta co alumno ou alumna con diabete en diferentes situacións e actividades do contexto escolar.
Resposta ás inquietudes e dificultades que pode atoparse o profesorado na atención ao alumnado con diabete.
Como facer o control da glicemia. Interpretación de como poñer o glucagon.
Manexo de dispositivos de medición de niveles de glicosa.
Técnicas de administración da insulina.
Control das racións axeitadas de hidratos de carbono.
A importancia da comunicación coas familias.
AULA VIRTUAL: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=577